Moi preto de Vilar de Santos, coa colega Sonia fixemos unha restauración de algúns edificios dunha aldea abandonada, que está collendo ese aspecto tecnocutre do corten que agradecemos.
A rehabilitación da casa de Turismo Rural do amigo Curro, en Taín, concello de Coles, realizouse fai xa uns anos, en colaboración co colega Nacho Pascual. Actualmente está en proceso de ampliación. O curro sabe facer funcionar o negocio.