Aínda correndo máis riscos, vou poñer unhas fotiños dos modelos deste edificio no que andamos traballando coa colega Sonia. Os renderizados son de Javier López.
Moi preto de Vilar de Santos, coa colega Sonia fixemos unha restauración de algúns edificios dunha aldea abandonada, que está collendo ese aspecto tecnocutre do corten que agradecemos.
A rehabilitación da casa de Turismo Rural do amigo Curro, en Taín, concello de Coles, realizouse fai xa uns anos, en colaboración co colega Nacho Pascual. Actualmente está en proceso de ampliación. O curro sabe facer funcionar o negocio.
Aínda que sexan cousas case da prehistoria, para ir probando, vou colgar unhas cantas fotos da Fortaleza de Maceda, máis que nada pola ilusión que tiña posto no desenrolo deste proxecto.